martes, 1 de octubre de 2013

A HISTORIA DE CHURRUS-1º PARTE(AÍNDA POR CORREXIR)



Aquel día, tería sido un día coma outro calquera…
Rematando o mes de xuño, o sol brilaba dende  as primeiras horas da mañán,  nun ceo libre de nubes que anticipaba un verán que xa estaba en portas e o caloriño acariñáballe o lombo mentras xogaba despreocupadamente, agora cos seus irmáns , agora entre as patas dos cabalos salvaxes, agora observando e perseguindo as bolboretas..

O inverno fora longo e duro, escuro e frío.
Os primeiros días non o notaba demasiado, naceu nunha coviña moi protexida do vento, mérito, sen dubida, do carácter previsor da sua nai, e o calor desta e dos seus irmáns , todos arrexuntiños ao abrigo, era unha das lembranzas máis deliciosas que albergaba na sua memoria, por non decir que, aparte de mamar e durmir, non facía outra cousa nin tiña nada máis de que preocuparse.

Tamén lembraba como algo moi excitante cando chegou o día de sair ao exterior e comezar a aprender cousas novas.
Ao principio o frío, os ruídos extranos, as árbores gigantescas, os outros animais, todo lle parecía sorprendente, ameazador, e dáballe medo, pero a sua nai sempre estaba alí, ao seu carón, explicándolle todos e cada un dos perigos e como protegerse, como cazar e atopar alimento, de xeito que o medo foi cada día encollendo, deixando paso á curiosidade e a paixón por coñecelo todo, á expectación ante un mundo novedoso, colorido, ruidoso, oloroso. Curiosidade que ia medrando, as veces, desmedida e imprudente, vixiada constantemente por aquela nai que soubo dende o primeiro instante que él non podía quedar quieto como os demáis, mentras algo se movera diante .

-.Un raposo non é un cabalo, non pode defenderse a patadas nen é unha bolboreta que poida saír voando. O principal inimigo dun raposo- dicía a sua nai- é un escopeteiro. Se algún día ves un deses- insistía- mantente afastado ou rematarás envolvendo o pescozo dunha señorona da cidade.
…………………………………………………………………………………………
                                                       2
A primaveira chegou un bó día e con ela os días soleados, os campos amarelos de chuchameles, as xoaniñas e o canto do cuco, e as persoas que , co bo tempo, subían en coche ata o cumio do monte, onde había un mirador dende o que, dicían, en días sen néboa podía verse toda a costa e o mar ata moi moi lonxe.

Igual que o resto dos animais, él  mantíñase afastado da xente, observando os seus movementos, os seus xogos e agardando a que marcharan para apropiarse dos restos de comida e chucherías que sempre deixaban tirados ou nos contenedores de lixo do merendeiro

Aquel tería sido un día coma outro calquera e nin remotamente podería ninguén sospeitar que aquel autobús escolar, cheo de alborotadoras criaturas, que desembarcaba nese mesmo instante diante dos seus fuciños, ía mudar por completo a súa vida,

Gustábanlle os nenos, os cachorros como él dicía. Máis dunha vez e tras cruzar unha ollada con algún deles, percibira nos seus ollos unha especie de chispazo de simpatía e complicidade que, sen saber por qué, producíalle unha extraña emoción, que lle facía respirar axitadamente e lle daban ganas de saír do seu recuncho e botarse a rolos e ás peleas con él como facía cos  seus irmáns.

¡¡ A súa nai tería posto os ollos en branco!!
Observar , aínda que fora de lonxe, a aqueles nenos, resultaba tan apaixoante, que era como se o resto do mundo, do seu mundo animal, desaparecera, e podía ser así durante horas, durante todo o día, sen comer, sen facer nengunha outra cousa, sen lembrarse da súa familia, da hora que era, do moito que se alonxaba, da noite que se botaba enriba, do autobús que arrancaba de novo, da ansia por perseguilo durante un bo rato ata descubir, desolado e esgotado de correr, que xa non sabía onde estaba nin como regresar cos seus.

Foi como cando espertas dun sono profundo e tardas un bo rato  en comprender e recomponer a tua realidade.
Pasou un tempo dando  tumbos e correndo  en tódalas direccións ata comprender que estaba só e perdido, o mesmo tempo que tardou a noite en caerlle enriba.

Cando estaba cos seus sempre era o último en regresar á coviña pola noite e sempre a regañadentes antes de que a mamá o mirase “daquela maneira”…

Gustáballe a noite no exterior , o fresquito, a lua colgada no alto, chiscándolle un ollo, os vagalumes brilando na escuridade, o cricrí dos grilos… Si, gustáballe moito a noite.
Pero nesa noite tiña algo que non lle gustaba nada; estar só, estar lonxe da casa, estar famento e sen forzas para seguir, estar perdido na escuridade, estar sen a mamá, estar morto de medo. E así, encollido como unha pelotita peluda, tremendo polo frío, por fin, quedou a dormir.

…………………………………………………………………………………………….
                                                                  3
Espertar no interior da coviña, ao caloriño dos seus irmáns era un dos momentos máis agradables do día, pero aquel foi un espertar brusco e desconcertante, coa sensación de que todo se movía ao seu redor. Bastaron uns segundos para decatarse do ocurrido na tarde e na noite anterior e de que o que se movía non era o mundo, senon él mesmo.
Non se atrevía nen a respirar…
Envolto como estaba nunha especie de non se sabe qué, con apenas un buratito para asoma-la cabeza xuntou todo o valor que tiña para abrir un ollo, e… alí estaba ela.
-. Non teñas medo, estás a salvo conmigo.
O primeiro que percibiu , de refilón, xa que, tal como o levaba abrazado as súas cabezas estaban casi pegadas, foron un montón de pecas o redor dun nariz pequeniño  e uns ollos moi grandes e moi verdes, tan verdes coma un lagarto.
……………………………………………………………………………………………
                                                               4
-.Pero Sara, si non é un animal doméstico, como imos quedar con él?
-.Pero mamá, mírao que churrusquiño é, como o imos deixar por ahí tirado no monte?, canto tempo crees que duraría nesta zona chea de escopeteiros? 
-.Non sabemos de onde ven, Sariña, esta non e zona de raposos. Non me imaxino como puido chegar ata aquí.
-.Non hai máis que ver como está cheo de rabuñaduras de silveiras, mamá, seguro que fixo una longa viaxe e está morto de fame. 

Asomou un pouco a cabeza por entre a manta coa que Sara o mantiña abrazado contra ela e cruzou una longa mirada coa sua nai. Quería saber si tódalas nais eran iguais e miraban do mesmo xeito.Aquela nai tiña unha expresión que xa botaba de menos na sua, un pouco seria pero chea de tenrura e comprensión. 

-.Está ben, podes quedar con él, pero terá que ser con algunhas condicións.Para empezar, terás que encargarte de coidalo ti mesma e asegurarte de que non moleste aos veciños. Si aparece algunha galiña despeluxada teremos problemas.
-.Terei moito coidado mamá
-.Ademáis, cando rematen as vacacións e teñas que ir ao instituto, non poderás seguir ocupándote de él y para entón haberá que buscarlle un lugar para vivir.
-.Entendo mamá, e non te preocupes, con dous meses por diante, confío en que algo se me ocurrirá.
-.No botiquín hai betadine, Sara,
Entón Sara pegou un brinco e botou a correr hacia os brazos da sua nai.
.-.¡Mírao que bonito é, ten un pelo que semella un churrusco de pan tostado, non cres?
-.Certo-Asentiu a nai, pasándolle a man pola cabeza, é moi suave e parece moi tranquiliño.
-.Chamarémoslle Churrusco -dixo Sara, coido que cae de caixón, non?
-.Churrusco está ben, pero xa sabes, acabarémos chamándolle Churrus como pasou co teu primo Beni
-.Entón Fagamos as cousas ben dende o principio, Chamarémoslle, Churrus. 

As duas fundíronse nunha explosión de risas sen soltarse do abrazo. Churros lembrou un dos consellos da súa nai sobre o peligro que tiñan os humanos e aquilo de rematar envolvendo o pescozo dunha señorona de cidade, e así, practicamente coas caras das duas pegadas ao seu corpo peludo, pensou para si:-”si se trataba de esto, pois a min gústame facer de bufanda para unha nena humana”
…………………………………………………………………………………………….
                                                                 5
O betadine picaba pero a metade do bocadillo de Sara era de salchichón e estaba moi bo.
De momento quedarás aquí, no meu cuarto, necesitas coidados, caloriño, e recuperar forzas. Despois xa veremos.
O cuarto de Sara era bastante espacioso e ademaís dunha cama e unha mesa na que había moitos papeis, libretas e lápis de cores, unha fiestra que daba ao monte, lembraballe o lugar por onde viñeran pero por enriba de todo, pegada a unha parede, destacaba unha enorme estantería chea de libros. 

-.¿Qué significa doméstico?, preguntou lembrando as palabras da sua nai?
Sara quedouse pensando por un momento e mirándolle aos ollos, esbozou unha ampla sonrisa.
-.Vénseme á cabeza algo que lin hai tempo nun dos meus libros preferido.
achegóuse a estantería e colléu un pequeno libro e comenzou a pasar as follas buscando unha páxina concreta.
-chámase “O principiño” e curiosamente nel hai un episodio entre un neno e un raposo, no que este explica ao neno o que significa estar domesticado,escoita:

 “Significa crear vencellos- dixo o raposo.Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. E non me compres para nada. Tampouco ti tes necesidade de min. Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos, pero si me domesticas, teremos necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo e eu tamén serei para ti único no mundo. ¿Como se fai eso? Preguntou o neno? -.Hai que ter moita paciencia, respondeu o raposo. Primeiro, ti séntaste un pouco lonxe de min , así sobre a herba, e eu mírote polo rabo do ollo. Ti non me dirás nada, por que a linguaxe é fonte de malentendidos, pero cada día pódeste sentar un pouco máis preto de min..” 

Churrus estaba embelesado, non só polo moito que lle gustaba o que escoitaba , tamén polo descubrimento que supoñía un libro e o feito de poder ler nel.
Todos os libros que tes nos andeis, estàn cheos de cousas como esta? Preguntou.
-.Todos-respondeu Sara-ao primeiro costa un pouco de esforzo, pero con dous meses por diante, aprenderás a ler e ti mesmo poderás disfrutar de cantas historias queiras?
_Terei que aprender a ler?
-.Terás, Churrus. Teño plans para ti e dentro de dous meses, deberás saber ler e ata escribir.
-.Teño outra pregunta; a tua nai comentou algo sobre...¿qué é unha galiña?
-.unha galiña?-Sara soltou unha gargallada- ¡¡Serás parvo!!

No hay comentarios: